domingo, 9 de noviembre de 2014

Outono 2014

Estas son algunhas das miñas últimas fotos. O saltón e o insecto palo son do final do verán e a garza real e as setas son de hoxe.


Os caelíferos ou celíferos son unha suborde da Orde Orthoptera coñecidos por saltóns ou saltamontes
Estes teñen as antenas curtas e como todos os insectos respiran por tráqueas que se comunican co exterior do corpo por medio duns orificios chamados espiráculos.


Fásmido ou insecto palo
A súa cor varía dependendo de con quen se queran mimetizar.
Máis insectos palo aquí.







Pola súa cor podería pertencer ao xénero Hygrocybe e pola irregularidade do sombreiro, ao xénero Cantharellus....



Ardea cinerea

Para saber máis sobre as garzas reais, podedes tamén seguir esta ligazón.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Outono 2012

O outono é o tempo dos cogomelos e da migración de moitas aves. Se paseamos un pouco polo campo despois dun día de choiva, podemos distinguir os fungos pluricelulares que se asoman entre o verdor das herbas. Estes son algúns dos que eu puiden observar este ano.









Sorprende un pouco a forma de saír da terra deste cogumelo. O pé vaise converter case noutro sombreiriño.








Este grupo presenta o mesmo patrón de crecemento e aparenta ter un dobre sombreiro.




Os troncos das árbores son  alimento destes saprofitos
                   
Como se ve nesta foto, os cogomelos fan as delicias dos animais que saben distinguilos.    


Unha gaivota clara que está emprendendo o seu voo nos permite mellor apreciar a súa beleza. 
                

Licencia Creative Commons

Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.

martes, 13 de diciembre de 2011

Outono 2011

Estamos rematando o outono e aínda podemos ver os cogomelos no campo.
















 Dos fungos obtéñense antibióticos e os que son unicelulares como os fermentos, empréganse para levedar o pan ou para fabricar viño e cervexa. Os que medran no chan axudan a descompoñer os restos orgánicos e cooperan na reciclaxe da materia Outros serven para fabricar queixos.



Hai algúns que estan asociados cunhas algas microscópicas formando os Liques, nos que o fungo aporta a humidade e a alga o alimento que fabrica coa fotosíntese. Esta asociación de mutuo beneficio é chamada Simbiose.





As setas e cogomelos son moi apreciados en gastronomía, pero deben coñecerse moi ben porque moitos deles fabrican substancias que poden ser un mortal veleno para o ser humano. O feito de que as especies velenosas e as comestibles sexan ás veces moi similares é a razón pola que os amantes das setas poden confundilas.




Como un máis dos compoñentes da natureza que nos rodea, non deben destruírse xa que o seu papel é de grande importancia nos ecosistemas.

miércoles, 13 de julio de 2011

Cando chega o verán

Baixada ata a praixa da Borna

Unha femia de Ánade real protexendo a súa prole

Un bebé de merlo tratando de facer o seu primer vóo

Un gneis ocelado entre dous pedras de granito
Nos sentimos felices. É o tempo de tomarse un respiro no traballo, de recuperar o pracer de facer excursións coa familia e descubrir novos lugares sen esquecerse dos coñecidos, de dar a benvida aos neonatos e de non deixar de fixarse nas rochas que tanto nos informan das paisaxes que sempre hai ao noso redor.

viernes, 29 de abril de 2011

Os sons da primavera


Unha característica das aves é a súa facilidade para se mimetizaren co medio e pasaren desapercibidas.

Os paxaros pequenos, como os pardais e os verderolos, teñen unha grande habilidade para camuflarse entre as pólas das árbores. Sitúanse estratéxicamente detrás das follas e é prácticamente  imposible distinguilos.

Por sorte, cando chega a primavera, deciden comunicarse entre eles desde as primeiras horas da mañá e dese xeito, aínda que nos non podamos velos, podemos sentir como anuncian a chegada deste novo bo tempo.

Disfrutando dese bo tempo, algún exemplar déixase sorprender, de cando en vez, pola cámara fotográfica.

Passer domesticus
Da familia Passeridae, o pardal (gorrión común) é un paxaro que se pode ver nas proximidades dos asentamentos humanos. En Galicia é moi común, incluso a altas altitudes.

Mide uns 15 cm. O macho, como o da foto, ten as partes superiores pardas, o papo e a gorxa negros, cabeza cincenta e,  fazulas, peito e ventre brancos. A femia non ten a gorxa e o papo negros nin presenta o curuto cincento. O peteiro é cónico adaptado á picotear os grans e sementes pero pode comer tamén insectos ou os desperdicios das vivendas. Cantan emitindo un "chirip-chirip" característico.

Entre abril e agosto os dous pais chocan os ovos que a femia puxera en niños feitos debaixo as tellas ou en buratos de paredes e árbores. Pasados 15 días os polos xa poden voar.


Teñen o costume de xuntarse para durmir e por iso podémolos observar ben, cando se van deitar ou cando se espertan ao nacer o día.

domingo, 17 de abril de 2011

Familia Scolopacidae

Son aves limícolas de tamaño pequeno ou mediano. As patas poden ser cortas ou longas segundo a especie. O peteiro, frecuentemente longo, pode ser recto, curvado ou algo retorcido.

Pódense atopar en todas as rexións do mundo agás na Antártida. A maioría son grandes migradoras e van aniñar ao hemisferio norte.
Frecuentan as costas e as zonas húmidas do interior das terras. Gústalles facer o niño nas estepas, nas praderías, nas marismas, na tundra e mesmo nos bosques.

jueves, 14 de abril de 2011

O meu espazo natural

 
Egretta garcetta

A natureza rodea todos os momentos da miña vida. Son profesora de Bioloxía e Xeoloxía e vivo a carón do mar. As aves migratorias adoitan pasar preto da miña casa para descansar do seu longo camiñar e podo observalas con frecuencia: Gaivotas, parrulos, garcetas, garzas reaiscormoráns forman parte do meu decorado cotián. Os arroaces, tamén son visitantes que, de cando en vez, pódense apreciar saltando nas tranquilas augas desta luminosa ría.

Ánade real

Algas, Moluscos e Crustáceos












Licencia Creative Commons

Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.