O outono é o tempo dos cogomelos e da migración de moitas aves. Se paseamos un pouco polo campo despois dun día de choiva, podemos distinguir os fungos pluricelulares que se asoman entre o verdor das herbas. Estes son algúns dos que eu puiden observar este ano.
Sorprende un pouco a forma de saír da terra deste cogumelo. O pé vaise converter case noutro sombreiriño.
Este grupo presenta o mesmo patrón de crecemento e aparenta ter un dobre sombreiro.
Os troncos das árbores son alimento destes saprofitos |
Como se ve nesta foto, os cogomelos fan as delicias dos animais que saben distinguilos.
Unha gaivota clara que está emprendendo o seu voo nos permite mellor apreciar a súa beleza.
Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.