Rula turca

Tamén chamada Tórtola turca, pertence á Familia Columbidae que agrupa aves de tamaño medio, cor da cinza, iguais nos dous sexos e que se alimentan de grans.

Streptopelia decaocto
Mide uns 28 cm. Ten o peito rosado e un anel negro e branco entre a caluga e o dorso. Pola parte inferior da cola ten unha banda de cor branca pero as patas e os ollos son de cor vermella. Realiza voos curtos e emite unha voz característica de "cuu-cuuu-cu".


En Galicia é sedentaria, destacando a súa presenza todo ao longo da costa oeste ata case o Cabo Ortegal.
Hábtat: Gusta de pasearse polas alemedas das vilas e cidades en busca dos grans que constitúen a súa dieta.


Constrúe os niños en árbores ou arbustos para poñer dous ovos que son chocados polos dous sexos, entre marzo e outubro. Ao cabo de tres semanas os pichóns xa poden voar.
En francés: Tourtourelle.