gaivota clara

A gaivota argéntea ten o nome científico de Larus argentatus. En castelán chámase gaviota.
Pertence á Familia LARIDAE que agrupa aves mariñas con patas palmeadas, ás longas e sexos semellantes. A súa plumaxe é branca cincenta nos adultos pero pencada nos inmaduros
Larus argentatus adulta

Inmaduro de Larus argentatus
Esta gaivota mide uns 55cm. No verán os adultos teñen a parte superior cincenta prateada, as puntas das ás  negras con manchas brancas no extremo; o resto do corpo é branco. O peteiro é amarelo cunha mancha vermella no extremo inferior, ollo amarelo e patas da mesma cor, aínda que nalgunhas subespecies poden presentarse dunha certa cor rosada.

Gaivota argéntea sobre un penedo do litoral
Os inmaduros do primeiro ano son pardos apencados coa pate externa e as ás dunha cor uniforme, o peteiro é escuro e as patas pardas.
Inmaduro do 1º ano
Dous inmaduros

En Europa cría en todo o litoral. En Galicia é sedentaria, moi abundante e en expansión.

A captura de mexilóns é un habito alimentario
O seu hábitat preferido son as ribeiras do litoral, as illas e as penedías pero non é dificil que se adentren nas cidades costeiras en busca de comida nos vasureiros.

Unha gaivota no centro de Vigo

Pode criar no chan nas illas, acantilados e mesmo nos tellados ou edificacións altas de cidades ou cementerios. A posta é normalmente entre abril e xuño, con 2 ou 3 ovos pardos apencados que chocan os dous sexos durante case un mes. Os polos voan ao cabo dun mes e medio.

O vóo de Larus argentatus
Para alimentarse capturan invertebrados, vertebrados e restos de todo tipo podendo mesmo chegar a expoliar niños doutras aves.

O litoral ofrece gran variedade de alimento ás gaivotas

Nome francés: mouette. Nome inglés: seagull.



No hay comentarios:

Publicar un comentario