Alavanco real

Anas platyrhynchos  (Linn.).
En castelán coñécese como Ánade real. 


Son uns parrulos da Familia Anatidae que miden uns 58 cm.

Teñen un gran dimorfismo sexual: o macho, máis vistoso, ten a cabeza e o pescozo verdes. Un colar branco da paso ao corpo de cor da cinza, adornado cun peito acastañado e cunhas plumas moradas no espellete rematado nun borde branco. A cola é negra cunhas plumas rectrices brancas reviradas cara arriba que lle dan un aspecto moi dinámico. O peteiro é amarelo e as patas son de cor laranxa.


A femia é parda con pencas e o seu peteiro é pardo algo alaranxado. Os parrulos inmaduros seméllanse máis a ela pero teñen os pes amarelos.



O seu hábitat preferido son as zonas húmidas pero os que pasan o inverno en Galicia prefiren as rías e os encoros. Aliméntanse de moluscos, sementes, herbas, insectos ou de pequenos anfibios.


Poden criar en toda Europa, pero elixen con frecuencia Galicia, onde chegan a facerse sedentarios. A femia fai o niño entre a vexetación que se atopa preto da auga. Desde marzo ata xullo, pode poñer entre 7 e 16 ovos que despois choca durante case un mes.


Nome en inglés: Mallard duck.
Nome en francés: Canard colvert