Garza real

Ardea cinerea
É unha ave duns 90 cm.  que pertence á familia Ardidae. O dorso e as ás son grises coas plumas remeiras moi escuras; a cabeza, o peito e o ventre son brancos; ten unhas riscas lonxitudinais negras na cabeza e tamén ao longo do pescozo. Presenta unha longa crista negra e a lista ocular tamén é negra. O peteiro,  longo e amarelo e as patas, pardo verdosas, arrubíanse na primaveira.
Os dous sexos son iguais. Os inmaduros ata o segundo ano carecen de risca ocular, teñen a crista pequena e o curuxo cincento escuro.

A garza real recolle o pescozo para reposar

Voa lentamente coas ás arqueadas emitindo un áspero "croac". Pode pousar tanto no chan coma nas árbores.

O voo da garza real
A garza real en pleno voo

Unha garza real no ceo de Meira

En Galicia vese sobre todo no outono-inverno, pero no verán quedan exemplares inmaduros. Os que pasan aquí o inverno proceden de Francia, Alemania e Inglaterra.

A elegancia da garza real






Segue os cursos dos ríos, polo que o seu hábitat preferido son os esteiros, as marismas e as lagoas.





Aliméntase de peixes, anfibios, reptís ou de  pequenos mamíferos que se atopan no seu hábitat. 

Unha garza real e unha garceta en Meira

En francés chámase héron e en inglés heron. 

Para saber un pouco máis desta ave podedes consultar: http://es.wikipedia.org/wiki/Ardea_cinerea








No hay comentarios:

Publicar un comentario