Unha característica das aves é a súa facilidade para se mimetizaren co medio e pasaren desapercibidas.
Os paxaros pequenos, como os pardais e os verderolos, teñen unha grande habilidade para camuflarse entre as pólas das árbores. Sitúanse estratéxicamente detrás das follas e é prácticamente imposible distinguilos.
Por sorte, cando chega a primavera, deciden comunicarse entre eles desde as primeiras horas da mañá e dese xeito, aínda que nos non podamos velos, podemos sentir como anuncian a chegada deste novo bo tempo.
Disfrutando dese bo tempo, algún exemplar déixase sorprender, de cando en vez, pola cámara fotográfica.
|
Passer domesticus |
Da familia
Passeridae, o pardal (gorrión común) é un paxaro que se pode ver nas proximidades dos asentamentos humanos. En
Galicia é moi común, incluso a altas altitudes.
Mide uns 15 cm. O
macho, como o da foto, ten as partes superiores pardas, o papo e a gorxa negros, cabeza cincenta e, fazulas, peito e ventre brancos. A
femia non ten a gorxa e o papo negros nin presenta o curuto cincento. O peteiro é cónico adaptado á picotear os grans e sementes pero pode comer tamén insectos ou os desperdicios das vivendas. Cantan emitindo un "chirip-chirip" característico.
Entre abril e agosto os dous pais chocan os ovos que a femia puxera en niños feitos debaixo as tellas ou en buratos de paredes e árbores. Pasados 15 días os polos xa poden voar.
Teñen o costume de xuntarse para durmir e por iso podémolos observar ben, cando se van deitar ou cando se espertan ao nacer o día.