Cisne real

Os cisnes son aves grandes cun pescozo longo e a plumaxe branca. Teñen que botar unha carreira por riba da auga para  poder comenzar a voar.

 Cygnus olor (Gmel)
                                                        
En castelán coñécese por cisne vulgar. Pertence á Familia Anatidae que agrupa as aves que teñen os pes palmeados e son boas voadoras. Os polos tenden a fuxir do niño.

O cisne real mide uns 150 cm. O macho e a femia son semellantes, aínda que aquel é un pouco máis grande e ten unha protuberancia nasal característica. O peteiro é de color laranxa coa punta negra. Os inmaduros, como o da foto, teñen o peteiro gris rosado coa base e a punta negras, as patas son grisáceas e a plumaxe de cor parda.

Adoita aniñar en Europa central aínda que pode chegar ata o Mediterráneo oriental ou o Mar Negro. Nalgúns lugares pódese ver nun estado de semidomesticación. En Galicia é un visitante excepcional nos invernos rigorosos.

O seu hábitat preferido son os lagos e ríos de pouco caudal con abundante vexetación. No inverno prefire as marismas e lagoas costeiras.

Aliméntase da vexetación que está baixo a auga pero pode variar a súa dieta con insectos, crías de anfibios ou sementes.

Tamén coñécese como cisne mudo porque non fai o ruído carcterístico do cisne trompeteiro.