Bilurico bailón

Actitis hypoleucos (Linn.)

En castelán coñécese como Andarríos chico. Pertence, como o mazarico, á Familia Scolopacidae.

Trátase dunha pequena ave limícola duns 20 cm que no presenta diferenzas na plumaxe entre os dous sexos. É de cor parda nas partes superiores e branca na parte inferior. A risca superciliar tamén é branca pero ten a parte superior do peito e o pescozo listados. As patas son amarelas e o peteiro ten a base clara pero a punta escura.

Cando está en repouso move nerviosamente a cabeza e a cola e por esa razón chámaselle "bailón". En voo, apréciase claramente a súa lista alar branca e as ás rectrices externas, que tamén son brancas. Ao voar, arquea un pouca as ás cara abaixo.

Aniña en case todo o continente europeo. En Galicia podémolo ver durante todo o ano aínda que non se teña comprobado o aniñamento.

O seu hábitat preferido son os ríos, encoros, praias e rochas da beiramar. Co seu peteiro busca os vermes, caracois ou materia vexetal coa que alimentarse e chega incluso a atrapar pequenos insectos cando voan.

Cando se sente observado, déitase para camuflarse entre as cores pardas do chan e permanece sen moverse ata que o observador se agacha á súa vez.