Lavandeira branca

Pertence á Familia Motacillidae que agrupa a paxaros lanzais, de cola máis ou menos longa e que poden ser observados no chan.

Motacilla alba alba
A Lavandeira branca común é unha pequena ave duns 18 cm e so uns 25 gramos de peso.
O macho, na súa plumaxe estival, presenta a cabeza, gorxa, patas e peteiro negros; o peito, as fazulas e o ventre son brancos. Ten o lombo e as ás da cor da cinza, pero estas presentan un bordo branco; a cola é negra con algunhas das súas rectrices brancas. No inverno presenta na gorxa unha media lúa negra.
A femia ten a cabeza e gorxa de cor cincenta e os inmaduros presentan fazulas riscadas e media lúa escura no peito.
O máis característico da Lavandeira son os seus andares, abaneando a cola e o seu voo, facendo longas ondulacións.
En Galicia é común desde a beira do mar ata os 1200 m de altitude. Para Letonia, é o seu emblema nacional.


Hábitat: Vive nos espazos abertos, frecuentemente nas proximidades das zonas habitatadas e nas zonas onde pode atopar auga.
Preferencias alimentarias: Os insectos, como as moscas, mosquitos e formigas son o seu plato preferido. Pode collelos do chan, pero é capaz de atrapalos en pleno voo. Preto do mar, pode alimentarse de vermes e pequenos moluscos.


Aniña nos ocos dos muros de piedra, sobre os tellados e no interior das árbores. A femia pon entre 2 e 6 ovos que choca durante 14 días, desde mediados de abril ata agosto. Os polos poden voar ao cabo de 15 días.
En Français,on l'appelle Bergeronnette.