viernes, 29 de abril de 2011

Os sons da primavera


Unha característica das aves é a súa facilidade para se mimetizaren co medio e pasaren desapercibidas.

Os paxaros pequenos, como os pardais e os verderolos, teñen unha grande habilidade para camuflarse entre as pólas das árbores. Sitúanse estratéxicamente detrás das follas e é prácticamente  imposible distinguilos.

Por sorte, cando chega a primavera, deciden comunicarse entre eles desde as primeiras horas da mañá e dese xeito, aínda que nos non podamos velos, podemos sentir como anuncian a chegada deste novo bo tempo.

Disfrutando dese bo tempo, algún exemplar déixase sorprender, de cando en vez, pola cámara fotográfica.

Passer domesticus
Da familia Passeridae, o pardal (gorrión común) é un paxaro que se pode ver nas proximidades dos asentamentos humanos. En Galicia é moi común, incluso a altas altitudes.

Mide uns 15 cm. O macho, como o da foto, ten as partes superiores pardas, o papo e a gorxa negros, cabeza cincenta e,  fazulas, peito e ventre brancos. A femia non ten a gorxa e o papo negros nin presenta o curuto cincento. O peteiro é cónico adaptado á picotear os grans e sementes pero pode comer tamén insectos ou os desperdicios das vivendas. Cantan emitindo un "chirip-chirip" característico.

Entre abril e agosto os dous pais chocan os ovos que a femia puxera en niños feitos debaixo as tellas ou en buratos de paredes e árbores. Pasados 15 días os polos xa poden voar.


Teñen o costume de xuntarse para durmir e por iso podémolos observar ben, cando se van deitar ou cando se espertan ao nacer o día.

domingo, 17 de abril de 2011

Familia Scolopacidae

Son aves limícolas de tamaño pequeno ou mediano. As patas poden ser cortas ou longas segundo a especie. O peteiro, frecuentemente longo, pode ser recto, curvado ou algo retorcido.

Pódense atopar en todas as rexións do mundo agás na Antártida. A maioría son grandes migradoras e van aniñar ao hemisferio norte.
Frecuentan as costas e as zonas húmidas do interior das terras. Gústalles facer o niño nas estepas, nas praderías, nas marismas, na tundra e mesmo nos bosques.

jueves, 14 de abril de 2011

O meu espazo natural

 
Egretta garcetta

A natureza rodea todos os momentos da miña vida. Son profesora de Bioloxía e Xeoloxía e vivo a carón do mar. As aves migratorias adoitan pasar preto da miña casa para descansar do seu longo camiñar e podo observalas con frecuencia: Gaivotas, parrulos, garcetas, garzas reaiscormoráns forman parte do meu decorado cotián. Os arroaces, tamén son visitantes que, de cando en vez, pódense apreciar saltando nas tranquilas augas desta luminosa ría.

Ánade real

Algas, Moluscos e Crustáceos












Licencia Creative Commons

Este obra está bajo una Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 Unported.