Pombo torcaz

Pertence á Familia Columbidae como a Rula turca.
É a paloma torcaz en castelán. Mide algo máis de 40 cm, pesa entre 350 e 600 g e pode vivir ata 16 anos. Macho e femia son iguais, de cor de cinza polo dorso e de cor rosada polo peito, pero algo verdoso no pescozo. As patas son granates, ten unha ancha banda negra na cola e manchas brancas nas ás e no pescozo.

Columba palumbus
Cando realiza o voo nupcial, bate elegantemente as ás para elevarse e despois baixar planeando. Emite un xordo "ju-ju-ju-juu".

Hábitat: Desde a beiramar ata as fragas caducifolias ou piñeirais intercalados de cultivos; tamén nos parques das cidades e nas alamedas.

Distribución: Desde Europa ata o Norte de África. Aniña en toda a Península Ibérica. En Galicia é sedentario e invernante.


Cría desde abril ata xulo. Fai o niño sobre as árbores desde unha altura de 3 a 15 m. A femia pon dous ovos que chocan os dous proxenitores durante 17 días. Os pichóns poden voar despois dun mes.




A súa alimentación baséase en grans de millo e sementes de gramíneas con bagas de loureiro; pode completar a súa dieta con insectos, miñocas ou caracois.
On l'appelle "Pigeon ramier" en français.