Mazarico curlí

Numenius arquata (Linn.).

Da Familia Scolopacidae.

Son aves que miden entre 53 e 58 cm. Machos e femias son parecidos. Co ventre branco, teñen a parte superior de cor beigs salpicado de pencas escuras. O peteiro, curvado e pardo escuro, vai dos 10 aos 15 cm, sendo máis longo o do macho. Parece que se comunican emitindo un son característico de ónde lles viría o nome de "curli".

En Galicia poden verse tanto no paso postnupcial de xullo como no primaveral de abril. O seu hábitat preferido son as praias, marismas e esteiros.

Aliméntase de miñocas, moluscos, crustáceos e insectos.

Teñen un vo pausado no que se pode apreciar o ventre claro eas partes externas das ás escuras.


Cando aniñan en Galicia poden observarse os ovos castaños verdosos con pencas escuras que chocan a femia e o macho durante un mes . Os polos escapan do niño ao cabo dun mes.



O seu nome castelán é Zarapito real.

O seu nome en francés: Courlis cendré.
O seu nome en inglés: Curlew numenius.