Merlo común

Tardus merula
Os merlos miden uns 25 cm. Os machos son completamente negros pero teñen o peteiro e o anel ocular de color laranxa. As femias e os inmaduros teñen unha cor parda moi escura ou algo apencada e o peteiro tamén é pardo. Todos teñen o rabo longo e realizan un voo curto e baixo. Cando está pousado, ten as ás colgando e o rabo ergueito que move de forma rítmica. Andan dando brincos.

O merlo leva comida á súa cría
O seu canto é moi agradable e variado, podémolo escoitar desde as primeiras horas do día ata a noite e ás veces asubía de forma aguda. En Galicia é sedentario e está extendido por todo o territorio. Pode chegar ata 1500 m de altitude. No outono e no inverno chegan individuos procedentes de Europa. Ten o seu hábitat nos campos, xardíns hortas e fragas.

A súa alimentación é omnívora: froitos, miñocas, arañas e insectos de todo tipo. Axuda a disperxar os loureiros e as silveiras.

Cría en sebes, silveiras ou calquera construción que teña algo de vexetación para ocultar os niños. Os niños son voluminosos e neles poñen de 3 a 4 ovos verde-azulados con pencas amarronadas. A femia choca durante 14 días e os polos xa poden voar ao cabo de dúas semanas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario