Cormorán moñudo

Phalacrocorax aristotelis
O corvo mariño cristado, pertence á Familia Phalacrocoracidae, aves mariñas negras e grandes que están tanto na beira do mar como algo apartadas de la costa. Son excelentes mergulladoras para buscar o alimento. Poden baixar 45 m en 20-45 seg. Despois de mollarse, pousan nas rochas ou nas barquiñas coas ás extendidas para secar á plumaxe.

O cormorán secando as ás

O cormorán moñudo mide de 68 a 78 cm. Os dous sexos son iguais. Ten unha plumaxe negra con reflexos verdosos; os adultos presentan unha pequena cresta negra "moño" na época de apareamento; o peteiro é negro, longo e afiado coa base amarela e a punta ganchuda. As patas son negras e palmeadas.
Os inmaduros son pardos apencados coa gorxa abrancazada.

Un cormorán inmaduro

Cormorán en voo

O seu voo é baixo. Nel pódense apreciar o pescozo longo e as ás longas e anchas.

Voo do corvo mariño cristado

Posándose na superficie da auga
O cormorán visita todas as costas rochosas da Península Ibérica. En Galicia é sedentaria e moi común.
Aniña en pequenos abrigos rochosos do litoral. Pon 3 ovos de color azul que chocan os dous proxenitores durante un mes. Os polos non saen do niño ata os dous meses. O tempo da cría é bastante longo pero maior número de niñadas corresponde a marzo.
O hábitat é mariño alimentándose fundamentalmente de arenques e sardiñas.









No hay comentarios:

Publicar un comentario