Garceta común

Garceta común. Egretta garceta (Linn.)

Pequena ave duns 55 cm. O seu hábitat preferido son os esteiros e lagoas litorais.
Aliméntase de peixes, moluscos e crustáceos pero non despreza ras, réptiles ou insectos.
A súa plumaxe é de cor branca, o peteiro é negro e tamén son negras as patas pero ten os dedos amarelos. Ten unha longa crista que é facilmente apreciable cando se move.
Bastante solitaria e fuxidía, viaxa ao longo de Europa ata chegar á Península Ibérica onde pode chegar a aniñar.
En Galicia podémola ver desde agosto ata mediados de abril.



Nome en francés: Aigrette garzette.


Nome en inglés: egret.

No hay comentarios:

Publicar un comentario